A patronal denuncia agresións contra o patrimonio natural de Barraña

    denunciaecoloxica.jpgBOIRO> A ABE vén de denunciar o que considera un atentado ecolóxico nun contorno natural de tanto valor como o paseo marítimo de Barraña.

    {flowplayer}barbanza/denunciaecoloxicaabe.flv{/flowplayer}

    A tala dun piñeiro manso de grandes dimensións supuxo, para a patronal, a gota que colmou o vaso dunha serie de nefastas actuacións que se acometeron na zona sen ningún respecto pola conservación do medio.

    O presidente da ABE quixo manifestar a súa total indignación ante a tala desta árbore que supón, segundo el, o colmo dun rosario de agresións contra o enclave de Barraña. Trala construción do paseo que supuxo o soterramento dunha parte do areal, as obras da rede de saneamento obrigraron ó corte de varias árbores. A isto engádese agora a tala de novos exemplares de incalculable valor ocasionando danos irreversibles.

    Cuestión de seguridade

    Dende o concello aclararon que foi preciso retirar a árbore, que se atopaba en mal estado, posto que ameazaba unha finca particular. Unha vez analizado polos técnicos determinaron que era preciso cortalo para evitar riscos.

    Os responsables municipais informaron de que só se procedeu á tala das árbores necesarios para acometer as obras así como daqueles que supoñían un risco par a seguridade.

    Redacción Barbanza