O BNG cre que San Lázaro non precisa un novo campo de fútbol

bngnoiacampo.jpgNOIA> Para os nacionalistas a localización escollida ocupará unha ampla superficie que na actualidade está destinada a aparcadoiro, área verde e un parque infantil.

A agrupación local do BNG en Noia demanda un cambio de emprazamento do futuro campo de herba artificial previsto en San Lázaro, a carón do estadio municipal.

Segundo advirte os nacionalistas noieses, malia que a vila ten necesidade dunha infraestrutura deportiva desas características, o emprazamento escollido non é o adecuado por varios motivos. Argumentan que o campo de fútbol de herba artificial se establecerá nunha superficie de seis mil metros cadrados, nun espazo que agora ocupan un aparcadoiro, un parque infantil e unha área de esparexemento.

{flowplayer}barbanza/bngnoiacampofutbol.flv{/flowplayer}

Considerando, engaden, que nesta zona esta prevista a construción dunha urbanización, a desaparición destes espazos públicos suporía un prexuicio para os futuros residentes. Por tal motivo, piden ó grupo de goberno noiés que faga un esforzo na busca dun emprazamento alternativo.

Ademáis, sinalan dende esta formación política, para poder construir o campo de fútbol nesta zona de San Lázaro será preciso realizar unha modificación das normas urbanísticas que supón unha complexa tramitación administrativa.

Redacción Barbanza