![]()
PORTO DO SON> A nova foi comunicada esta mesma tarde polo presidente de Portos de Galicia, Xosé Manuel Álvarez Campana.
{flowplayer}barbanza/lonxaportosin.flv{/flowplayer}
Vai alá case un ano dende que a súa inauguración. Pese ó tempo trancorrido dende entón, os mariñeiros de Portosín continúan sen poder emprega-las novas instalacións. O máximo responsable do ente autonómico, Xosé Mnauel Álvarez Campana, criticou o feito de que se procedese a inauguración dunhas instalacións sen incluirse o proxecto eléctrico e de servizos. Razón pola cal esta mesma tarde pedía desculpas.
Autorización especial
Xosé Manuel Álvarez-Campana informou da habilitación dunha autorización especial temporal que lle permitirá a Confraría poder facer uso das novas instalacións.
Satisfacción
A nova foi recibida con gran satisfacción polo patron maior, Eduardo Carreño, así como tamen polo alcalde, Manuel Tomé. A inminente apertura da campaña da sardiña o vindeiro martes, despois de 40 días de paro, facía ademais necesaria a apertura das novas instalacións, de cara a mellora-las condicións de traballo dos mariñeiros.
Traslado dependencias
Nos próximos días o pósito iniciará o traslado das oficinas da vella confraría ás novas instalacións, onde agardan poder habilitar tamén a zona de subastas e o resto de dependencias.
Redacción Barbanza








