![]()
NOIA> A decisión foi tomada despois do acordo da asemblea local celebrada onte, que autorizou ós tres edís a deixa-lo goberno noiés.
{flowplayer}barbanza/crisebipartito5.flv{/flowplayer}
Este era o momento no que Loli Caramés e Bieito González, dous dos tres edís nacionalistas na corporación municipal noiesa e membros do executivo, presentaban a renuncia ás súas delegacións no rexistro xeral do concello. Xosé Bernaldo Castro xa a fixera efectiva o mesmo día no que se lle comunicara por parte da alcaldía a decisión de aparta-lo da concellería de Urbanismo e deriva-lo a Medio Rural. Con este trámite faise oficial a rotura do pacto do goberno asinado en xuño de 2007, e que levou a nacionalistas e socialistas á alcaldía noiesa.
Acordo asemblea
A decisión dos membros do BNG veu propiciada despois da asemblea local celebrada na noite de onte, na que se autorizaba ós tres edís a abandona-lo goberno local, como explicou esta mañá o propio Bieito González durante a súa comparecencia ante os medios.
Dimisión Rafael García Guerrero
Dende o BNG enténdese ademais que o pacto non só outorgaba competencias e responsabilidades no reparto das áreas de goberno senón que tamén establecía o candidato á alcaldía de Noia. Polo que ó romperse o mesmo, consideran que Rafael García Guerrero debería dimitir ó non ter xa o respaldo dos edís nacionalistas.
Redacción Barbanza










