Localizan unha plantación de marihuana en Taragoña

    marihuana.jpgRIANXO> A colaboración cidadá permitiu á Garda Civil e Policía Local incautarse de medio cento de plantas de marihuana.

    {flowplayer}barbanza/marihuanarianxo.flv{/flowplayer}

    O propietario dunha finca no lugar de Outeiro, en Taragoña, dou a voz de alarma ó avistar a extensa plantación. Tras personarse no lugar, os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Rianxo comprobaron que se trataba de plantas de marihuana que chegaban a alcanzar a metro oitenta da altura.

    Procederon entón á incautación de tódolos exemplares que se atopan naixo custodia da Garda Civil mentres se intenta determinar a identidade dos autores da plantación.

    Poucos indicios

    A policía cre que se trata de coñecedores da zona posto que as plantas atopábanse bastante agochadas, nunha finca afastada na que non soe transitar xente polo que os veciños poucos indicios pudieron aportar.

    A pesar de que se trata dunha plantación bastante extensa, a policía cre que a marihuana ía ser destinada para consumo propio e non ó tráfico de drogas.

    Casos illados

    Aínda que este tipo de sucesos constitúen un feito illado no municipio rianxeiro, posto que non son frecuentes os achádegos destas plantacións, os corpos de seguridade seguen a traballar para erradicar por completo estas prácticas ilegais.

    Redacción Barbanza