POBRA> Ademais de premiar a un cento de atletas polos logros acadados durante o ano 2016, recoñecerase o labor doutros colectivos federados como xuíces, adestradores ou clubs. O Teatro Elma será escenario mañá da gala anual que organiza a Federación Galega de Atletismo, en colaboración co concello da Pobra, na que se premiará, entre outros, ós mellores atletas, clubs, entidades privadas, adestradores e xuíces durante o pasado ano 2016. A cita arrancará ás sete da tarde e reunirá a máis de duascentas persoas vinculadas a este deporte. O alcalde, Xosé Lois Piñeiros, agradeceu á Federación o feito de escoller á Pobra para poder acoller esta importante gala. Entre os nominados varios atletas da comarca do Barbanza, como é o Caso de Iria Forján, Lidia Parada ou Ana Peleteiro.
Inicio Barbanza - Muros - Noia