Un incendio, aínda activo, calcina medio millar de hectáreas en Boiro

    incendios.jpgBOIRO> Boiro rexistra dende a noite do sábado o peor incendio de toda a comarca e un dos máis graves de toda Galicia. Segundo as estimacións de Medio Rural, que xa da practicamente por controlado o lume, arderon aproximadamente catrocentas cincuenta hectáreas.

    {flowplayer}barbanza/incendioboirojpg.flv{/flowplayer}

    Un denso manto de fume cubría o ceo dos concellos de toda a comarca. Fume procedente dos diversos focos que permanecían activos dende a noite do pasado sábado na serra do Barbanza, nas proximidades da parroquia de Cures en Boiro.

    Da magnitude do incendio, que arrasou ó redor de catrocentas cincuenta hectáreas, dá idea o número de efectivos que traballaron na súa extinción. Dous técnicos, nove axentes, vintetrés brigadas, dez motobombas, tres pas, oito avións e dez helicópteros.

    Preto das vivendas

    Durante dúas xornadas traballaron a reo para frear o avance das lapas evitando que afectaran ás vivendas aínda que as perdas ocasionadas no monte son incalculables. 

    Preto das oito da tarde do luns, Medio Rural daba por controlado o lume aínda que non extinguido. Á espera de que os focos non se reaviven, o incendio de Boiro xa se converteu no peor da comarca no que vai de verán.

    Nivel de alerta 2

    De feito, a Consellería decretou o nivel dous de alerta no Barbanza así como na Costa da Morte, dúas comarcas nas que o lume non dou tregua durante esta fin de semana.

    Redacción Barbanza