Os clubs de Terceira dispostos a paralizar o inicio da tempada

plantilla_deportesterceira.jpgSANXENXO>  O farán se se manteñen os 19 equipos na categoría. Vilalonga e Portonovo respaldan o acordo que esixe 20 conxuntos na competición.

{flowplayer}images/salnes/FUTBOL.flv{/flowplayer}

Cando parecía que o terceiro calendario presentado ía ser o definitivo, volve a polémica. Os clubs galegos non parecen estar dispostos a aceptar unha liga de Terceira con dezanove equipos. Na reunión da Asociación de clubs, integrada por case todos os de Terceira e Preferente, e á que acudiron preto de 50 representantes, aprobaron solicitar á Federación Galega e á Española, que acepten un novo equipo que ocupe a praza do Compostela. Tamén acordaron unanimemente que non comezarán a liga se a Federación non atende á súa solicitude, e se mante´n firme na súa decisión de manter a competición en 19 equipos.

O inicio do campionato está fixado para o día 29 deste mes, polo que só hai dúas semanas apra que ambas partes cheguen a un acordo o, do contrario, parece que esta historia vai converterse nun culebrón. Os clubs teñen claro que non poden ceder e que só comezarán a liga se hai 20 equipos en Terceira e outros 20 en Preferente Sur e Norte. O acordo aínda ten que ser ratificado e firmado polos distintos clubs unha vez tratado o asunto nas respectivas xuntas directivas, como fixeron onte o Vilalonga e o Portonovo.

O problema é que a Federación sí tiña previsto unha liga con vinte equipos, pero a norma di que en caso de descenso administrativo, o que queira ocupar a praza vacante, debe asumir a débeda do equipo descendido, neste caso 200.000 euros. Unha cifra inalcanzable para calquera club, de aí que a vacante continúe sen cubrirse. Pero os clubs esixen que se permita entrar a outro equipo, sen necesidade dese pago, en base ós criterios de ascenso. O primeiro da lista sería o Choco de Redondela.

 Redacción Salnés