![]()
BOIRO> Tras tomarlle declaración, a xuíza deixouno en liberdade ante a falta de probas que o vinculen cos feitos dos que se lle acusaban.
{flowplayer}images/salnes/INCENDIARIO_BOIRO.flv{/flowplayer}
Pasadas as once da mañá, Cándido López, chegaba ós xulgados de Ribeira en medio dunha gran expectación. Durante máis dunha hora, a úíza tomoulle declaración sobre a súa suposta relación coa autoría dos lumes forestais e escoitou a testemuña de varios veciños e familiares que defenderon a súa inocencia.
Segundo explicou o avogado, as probas presentadas para imputar ó seu defendido no estaban nin tan sequera fundamentadas.
Cabe lembrar, que a detención de Cándido López produciuse cando un helicóptero que realizaba tarefas de recoñecemento, avistouno supostamente tentando prender lume a uns matorrais. Non obstante, o avogado indicou qeu o informe do atestado non se sustenta dado que non aporta probas nin fotografías que avalen os feitos que se lle imputan. Lonxe disto, engadiu o letrado, o único que tentaba o seu defendido era axudar a apagar as lapas que prenderan preto da súa casa.
Dende un principio, os veciños de Pomar do Río, núcleo boirés onde reside Cándido López, defenderon esta versión e apostaron firmemente pola súa inocencia. Unha vez finalice o proceso xudicial, Cándido no descarta emprender accións legais para esixir responsabilidades pola dramática experiencia que vén de vivir tras dous días detido.
Redacción Barbanza











