As mulleres máis novas rebélanse antes contra os malos tratos

    cim_cambados_copia100.jpgCAMBADOS> As consultas sobre malos tratos no CIM, non aumentaron este verán. As mulleres que denuncian son cada vez máis novas.

    {flowplayer}images/salnes/CIM_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    Información sobre trámites de divorcio ou separación, son as consultas tralas que as traballadoras do CIM de Cambados descobren a existencia de malos tratos. Rara vez a denuncia é directa.

    A cifra de mulleres do municipio que sofren malos tratos, non aumentou este verán, como si que sucedeu outros anos. Dende o CIM detectan que a idade das mulleres que denuncian este tipo de situacións vense reducindo nos últimos tempos.

    En Cambados creouse recentemente unha mesa local para loitar contra este problema. Xuíz, forzas de seguridade, concello, servizos sociais, centro de saúde, o CIM e os colexios, son algúns dos axentes que a forman. Precisamente, é nos centros educativos onde o CIM dirixe parte da súa actividade.

    As consultas legais, ou por problemas de depresión ou ansiedade, son as máis frecuentes nun centro que cada vez é máis coñecido. Entre os meses de abril e xullo deste ano, máis de 300 persoas acudiron a este CIM, un 70% máis que no ano pasado.

    Redacción Salnés