Optimismo entre os mariscadores de Noia de cara á campaña de Nadal

    NOIA> Os bos resultados que, ata o momento, está a deparar a campaña marisqueira de Noia alimentan as boas expectativas de cara á campaña de Nadal. Nos preto de tres meses que levan de actividade, a confraría facturou xa once millóns e medio de euros. Optimismo xeralizado entre os mariscadores de Noia que agardan unha suba da cotización de cara ás festas de Nadal. Dende a apertura da campaña, a finais de setembro, os resultados non poden ser mellores cunha facturación que ascende xa a once millóns e medio de euros Cifra que incrementará notablemente tralo Nadal cando o marisco da ría cotiza á alza. Pasadas as datas festivas, os produtores paralizarán a actividade durante o mes de xaneiro coa intención de reabrir en febreiro tratando de estender a campaña se é posible ata marzo, segundo revelen os informes biolóxicos. Despois non voltarán o traballo ata a apertura da vindeira campaña, entre os meses de setembro e outubro. Salvo imprevistos como as riadas ou a aparición de toxina, a presenza de abundante cría fai prever que se repitan os bos resultados da actual campaña. Co obxectivo de preservala, a confraría decidiu pechar varias zonas dos bancos do Freixo.