Ribeira acolle esta fin de semana o primeiro festival de cervexa artesá

RIBEIRA> Dez fábricas de cervexa artesá, principalmente de Galicia pero tamén de León e Ponferrada, participarán na primeira edición do Riveira Beer Fest. Terá lugar entre o venres e o domingo na avenida do Malecón onde se instalarán diferentes stands nos que degustar ata oitenta tipos diferentes de cervexa. Entre elas, un curso de elaboración de cervexa, actuacións musicais, obradoiros e unha zona de xogos populares para os máis pequenos. As casetas estarán abertas durante toda a fin de semana entre as doce da mañá e a medianoite.