Continúa a vaga de roubos na Pobra

POBRA> Esta pasada fin de semana os amigos do alleo entraban na igrexa do Castelo. Esta vez o botín non foi moi elevado, aínda que os destrozos causados si foron importantes. A Garda Civil investiga a posible autoría dun roubo na igrexa do Castelo. Producíase esta pasada fin de semana, na madrugada do sábado ó domingo, e súmase á vaga de roubos que se teñen producido nas últimas semanas na localidade. A cantidade roubada non foi moi elevada. Segundo o párroco no interior dos lampadarios e nos cepillos non había demasiado diñeiro porque había pouco tempo que os retirara. O que si foron cuantiosos os danos causados. Esta non é a primeira vez que o templo recibe a visita dos amigos do alleo. Nestes últimos anos ata en dúas ocasións entraron na igrexa, seguindo tamén o mesmo ‘modus operandi’. Garda Civil e Policía Local investigan a posible autoría dos feitos que podería estar ligada a outros roubos que se produciron nas últimas semanas na localidade.