O Concello presentará alegacións ó POL e á ordenación territorial

    pol_poio_copy100.jpgPOIO> Reclaman entre outras cousas unha alternativa para a PO 308 e que Illa de Tambo se recolla no apartado de zonas verdes a protexer.

    {flowplayer}images/salnes/ALEGACIONS_POL_POIO.flv{/flowplayer}

    A Xunta de Galicia ven de por a exposición pública as directrices de ordenación do territorio coma o Plan de Ordenación do Litoral. Un conxunto de declaracións e intencións, con respecto ó municipio, que o edil de Urbanismo do concello de Poio cualifica de pouco eficaces. Por iso, presentarán alegacións en ambos casos. No tocante ás directrices, o edil de urbanismo, confesa que o documento recolle modificacións na PO 308 pero non a construción dunha alternativa para alivialo tráfico.

    No apartado de sistemas verdes en rexións urbanas especifícanse os espazos naturais e áreas a conservar. Barreiro considera que debería estar recollida a Illa de Tambo. Tamén alegarán para que os petroglifos de Boa Vista figuren no apartado de ámbito de interese patrimonial.

    No que respecta ó POL, o concello agarda aprobar o seu Plan de Ordenación Municipal antes dos tres anos establecidos para a aplicación do mesmo e poder incorporar este plan. Documento que tamén alegarán xa que aseguran inclúense melloras ambientais pero afectando a zonas situadas a 2 km e non di nada doutras a 50 metros.

    O próximo martes celebrarán un pleno extraordinario para debater todas estas cuestións. En ambos casos as alegacións deberán presentarse antes do mes de setembro. Ademais, o concelleiro asegura que instarán os veciños da localidade para que tamén fagan as súas reclamacións.

    Redacción Salnés