Amegrove busca sentenciar o título en Ferrol e Boiro

plantilla_deportesamegrove.jpgSALNÉS> A liga afronta a súa penúltima fin de semana de competición. O líder Amegrove buscará manter a súa privilexiada posición na táboa.

{flowplayer}images/salnes/trainas_200810.flv{/flowplayer}

Recta final da Liga Galega de Traíñas. Despois desta fin de semana tan só quedarán por disputarse dúas probas, polo que o título podería quedar practicamente decidido. Sobre todo despois dos resultados que se deron en Rianxo e Moaña, onde Amegrove deu un paso de xigante para levarse a liga tras impoñerse nas dúas regatas e ver como o seu máxima rival, Samertolameu de Meira, asinaba a súa peor fin de semana do verán para acabar cedendo nove pùntos.

As diferencias non son definitivas nin moito menos, pero os de José Ángel Cambados teríano que facer moi mal para que isto se lles escapase. A regata de mar aberto de mañá en Ferrol abre un abano maior de candidatos á victoria. Cabo de Cruz entre eles.

Os de Gustavo Vázquez comportáronse moi ben no Teresa Herrera, nunhas condicións similares de mar, e ademais pasan por un gran momento de forma, que lles permitíu ascender ata o terceiro posto da xeral. O domingo ante o seu público, aparecerán como un dos claros favoritos a levarse a victoria. Tamén Mecos buscará facer un bo papel esta fin de semana.

Acábanse as oportunidades para os de Rons se é que queren estar loitando por unha bandeira. Vilaxoán pola súa parte, quererá manter a súa séptima praza na xeral ante a ameaza de Perillo, mentres que Esteirana e Puebla buscarán manterse na mesma liña que regular que veñen levcando nas últimas regatas.

Na batalla por eludir o derradeiro posto da xeral Rianxo parte con dous puntos de vantaxe sobre as Xubias, distancia que intentarán incrementar.

Redacción Salnés