Gaspar Zarrías visitou as obras do cuartel da Garda Civil

    visita_secretario_copy100.jpgNOIA> A rehabilitación do inmoble financiouse con fondos do Plan E e contou cun orzamento de seiscentos mil euros.

     {flowplayer}barbanza/visita_Secretario_de_estado.flv{/flowplayer}

     A rehabilitación do cuartel da Garda Civil de Noia realizouse ó abeiro do Fondo Estatal para o Emprego do Goberno central, o coñecido como Plan E. A actuación, que xa se atopa case rematada, foi financiada cun investimento de preto de seiscentos mil euros. Gaspar Zarrías explicou que dende o Ministerio do Interior se traballa tanto na mellora de infraestruturas dos corpos de seguridade como no aumento do cadro de persoal co único obxectivo de mellorar o servizo prestado ós cidadáns.

    As administracións estatal e autonómica levan investido en Noia nos últimos catro anos máis dun millón de euros en actuacións relacionadas ca seguridade.

    Os traballos de construción, que se iniciaron en abril do pasado ano, consistiron na construción dun novo edificio en terreos anexos á casa cuartel que alberga tres calabozos, dependencias de intervención de armas e varios despachos. Malia que restan pequenas obras de mantemento por rematar, as oficinas xa están operativas.

    Redacción Barbanza