A Ruta da Pedra e da Auga estrea novos paneis informativos

    RUTA_PEDRA_AUGA copy.jpg MEIS> Tamén se distribuirán guías informativas co fin de por en valor a natureza e o entorno da ruta. Estarán dispoñibles nas oficinas de turismo.

    {flowplayer}images/salnes/RUTA_PEDRA_AUGA.flv{/flowplayer}

    O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o Delegado Territorial , José Manuel Cores Tourís, presentaron esta mañá os novos paneis informativos cos que conta a Ruta da Pedra e da Auga ó seu paso polos concellos de Ribadumia e Meis. Son tres estarán repartidos en diferentes puntos da do percorrido.

    Tamén se repartirán un total de 3.000 guías informativas, que se poderán atopar nas oficinas de turismo destes municipios, nas que se resalta o uso e as características das diferentes especies arbóreas que se poden atopar ó longo do camiño.

    Con respecto ós paneis informativos, o alcalde de Meis, Jose Luis Pérez, quixo resaltar o seu carácter didáctico. Informou que teñen coma finalidade concienciar ós usuarios da Ruta sobre a necesidade de coidar o medio ambiente.

    Esta actuación enmárcase dentro do Proxecto Pousadas da Deputación de Pontevedra co que se pretende recuperar as rutas da comarca entre as que se atopa esta da Pedra e da Auga.

     

    Redacción Salnés