PORTO DO SON> O paso de maquinaria pesada danou un dos principais accesos ó castro de Baroña, en Porto do Son. O camiño de pedras quedou parcialmente pola lama polo que aínda non se avaliaron os danos ocasionados.
Este é o estado en que se atopa o camiño de acceso ó castro de Baroña en Porto do Son. O paso de maquinaria pesada para acondicionar unha finca da contorna provocou danos no empedrado do camiño tradicional que conduce ó xacemento. Asociacións ecoloxistas e en defensa do Patrimonio deron a voz de alarma ó ter constancia dos feitos.
O alcalde e técnicos do concello desprazáronse ata a zona para supervisar os posibles danos. Tamén os responsables da empresa madeireira e o propietario da parcela que encargou os traballos que xa manifestaron a súa vontade de repoñer o camiño ó seu estado orixinal .
Nun principio semella que a afectación pode ser superficial. Haberá que agardar a que finalicen os traballos de limpeza ordenados polo concello para proceder a unha avaliación do estado do camiño trala retirada da lama. dende o concello informaron de que xa están a traballar na elaboración dunha ordenanza que garanta que os propietarios que realicen a limpeza de fincas, á que obriga a lei de montes, deberán conservar os accesos tal e como estaban e repoñer os elementos que puideran resultar danados.
Non é a primeira vez que o paso de maquinaria pesada ocasiona danos en xacementos arqueolóxicos da comarca. hai exactamente dous meses dabamoslle conta da desfeita ocasionada na necrópole dos campiños en Rianxo. A realización da labores forestais na zona levou por diante a metade dun dos túmulos.