O concello boirés acometerá a reubicación do Cruceiro da Magdalena

    BOIRO > O concello de Boiro segue adiante coa súa política de recuperación de espazos mediante dúas novas actuacións: a reubicación do cruceiro da Magdalena en Lampón e o acondicionamento do entorno da igrexa de Abanqueiro. O executivo converterá estes espazos en zonas de ocio máis amplas para os veciños dotados de prazas de aparcamento para os coches posto que se trata de lugares que rexistran gran afluencia de veciños, especialmente os domingos.

    Dende hai tempo, o goberno boirés tiña solicitado a reubicación do cruceiro da Magdalena, en Lampón, posto que estaba situado nunha zona con frecuente circulación de tráfico rodado, o que poñía en perigo o monumento debido ó risco de accidente.

    No proceso de tramitación deste cambio sucedeu efectivamente o que o executivo temía e o cruceiro rompeu a causa dun choque. Actualmente estase levando a cabo o traslado deste cruceiro e a recuperación do entorno da igrexa dé Lampón, constituindo unha zona moito máis ampla, xa que o camiño no que estaba situado medía tan só seis metros.

    O novo entorno contará con máis de mil metros cadrados e zona de aparcamento para dar cabida ó gran número de veciños que visitan o cruceiro.

    Nesta mesma liña, o executivo ten pensado acometer a recuperación do entorno da igrexa de Abanqueiro comezando polo empedrado dos seus camiños.

    Redacción Barbanza