A confraría de Ribeira nega que se agredirá ós tripulantes da Illa

    enfrontamentoconfrarias.jpgRIBEIRA> O mandatario do pósito ribeirés insistiu en que non houbo intento de abordaxe nin de agresión os mariñeiros da confraría da Illa.

    Lonxe de querer entrar en polémica, o patrón maior da confraría de Ribeira, Xosé Antonio Pérez quitou ferro ó asunto afirmando que só se tratou dun incidente aillado no que non houbo ningún tipo de enfrotamento. O mandatario do pósito ribeirés insistiu en que en ningún momento houbo intento de abordaxe nin de agresión os tripulantes da confraría da Illa.

    {flowplayer}barbanza/enfrontamentoconfrarias.flv{/flowplayer}

    Práctica habitual

    O patrón maior recalcou que é habitual que os barcos que faenan a carón das concesións de libre marisqueo penetren uns metros na zona vedada, porque as boias que a delimitan adoitan desprazarse co vento e non por iso, engadiu, se poden cualificar de furtivos. Non obstante, insistiu en afirmar que non se trata dunha práctica que só realicen os mariñeiros de Ribeira senón que é común en toda a ría de Arousa. Asegurou que ata o momento non houbo ningún problema, xa que unha simple chamada de atención era suficiente para evitar este tipo de conductas.

    Con todo, Xosé Antonio Pérez insistiu en que ata o de agora as relacións ca confraría da Illa se mantiveron dentro da cordialidade, algo que espera siga sucedendo no futuro. Tanto é así que nun xesto de achegamento os mariñeiros ribeireses están dispostos a pedir desculpas ós arousáns.

    Conselleira do Mar

    Pola súa banda, a Conselleira do Mar, Rosa Quintana pediu que se respecten ós límites das zonas de libre marisqueo por responsabilidade con todo o sector. A Consellería xa enviou a zona onde tivo lugar o incidente unha lancha de Inspección Pesqueira.

    Redacción Barbanza