Dúas mulleres resultan feridas nun accidente preto da Ponte

    accidente_catoira_copy100.jpgCATOIRA> O vehículo saíuse do asfalto ó tomar unha curva, debido á choiva. Este punto da estrada é coñecido pola súa perigosidade.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_CATOIRA.flv{/flowplayer}

    Os veciños deron a voz de alarma ós servizos de emerxencias. Ata o lugar do accidente, desprazáronse bombeiros, protección civil, garda civil de tráfico e unha ambulancia. Segundo fontes da familia, as dúas mulleres, nai e filla e veciñas de Rianxo, dirixíanse á súa casa cando ó tomar a curva o coche saíuse da calzada. O automóbil pasara a revisión a semana pasada.

    A pesares do aparatoso do accidente, non houbo que lamentar vítimas mortais. Unha das mulleres, a máis xoven, puido saír do coche con facilidade axudada polos servizos de emerxencia. A outra ocupante fracturou unha perna e quedou atrapada polo nocello, polo que tivo que ser excarcerada polos bombeiros.

    Ambas mulleres foron trasladadas en ambulancia ó hospital do Salnés, sen que se temese polas súas vidas.

    Redacción Salnés