Lazareto recibirá os nove permex a finais desta semana

    lazareto2_copia100.jpgVILAGARCÍA> A conselleira do Mar recibirá os mariscadores en Santiago para falar da rehabilitación da Fangueira.

    {flowplayer}images/salnes/LAZARETO2.flv{/flowplayer}

    A asociación anunciara unha protesta para onte, aproveitando a visita da conselleira a Carril. Antes do comezo dos actos oficiais, Quintana asegurou ó grupo que os nove permex entregaríanse o venres desta semana. Segundo a titular de Mar, as alegacións de dous beneficiaros dos permex foron as que retrasaron todo o proceso, que tería que estar rematado no pasado mes de abril. A pesares da chegada dos permisos, os mariscadores aínda non saben cando poderán comezar a traballar.

    Para falar do plan de rexeneración da Fangueira, a titular de Mar reunirase cos representantes de Lazareto esta semana ou a que ven en Santiago. A pesares de que o proxecto contemplaba a concesión de 21 permex, no encontro de onte Quintana plantexou a posiblidade de variar esta cifra.

    Os mariscadores da asociación Lazareto aproveitarán a reunión para plantexar outra vella reclamación. Segundo a presidenta, 40 mariscadoras da confraría de Carril estarían traballando unha zona de ó redor de 1 millón 200 mil metros cadrados, 300 mil metros cadrados por persoa.

    A asociación anunciou que pedirá á consellería que aumente o número de permex para o marisqueo nesta zona.

    Redacción Salnés