O Concello de Ribadumia presenta a nova Academia de Artistas municipal

    RIBADUMIA > Onte a tarde presentouse no Auditorio de Santa Eulalia de Ribadumia a nova Academia de Artistas municipal. Esta nova actividade que oferta a Concellería de cultura vai a estar dirixida por Luís Queimada.

    El será o encargado, de agora en diante, de potenciar as aptitudes para o canto, o baile e a arte en xeral de persoas de tódalas idades.

     No acto de presentación houbo unha boa mostra do que se vai a poder aprender, a partir deste mes nesta escola. Na mesma sesión inaugural tamén se proxectaron varios vídeos que recollían os traballos doutras academias da comarca; e mesmo películas promocionais destes artistas autóctonos.

    O prazo para anotarse nesta actividade xa está aberto e as clases comezarán nos vindeiros días. As primeiras citas terán lugar os luns e os mércores en horario de oito a dez da noite no mesmo auditorio de Santa Eulalia. O custe da inscrición será de 20 euros, que se reducirán á metade para os empadroados. Con esta nova actividade o Concello amplía a súa oferta formativa, que xa contaba ca Escola de Teatro e ca Escola de Música Municipal.

    Redacción Salnés.