O escritor vilagarcián Marcos Calveiro dará o pregón das festas de San Roque

VILAGARCÍA> O escritor Marcos Calveiro será o encargado de dar o pregón nas festas de San Roque de Vilagarcía. Os festexos que terán lugar do 14 ao 25 de agosto inclúen actividades para todas as idades. Entre as actuacións destacan Blas Cantó, Víctor Manuel e Xoel López.

Unha programación baseada nun modelo de festas para todos os gustos e todas as idades. Deste xeito o concello de Vilagarcía presentou o programa das festas de San Roque 2019. Uns festexos que comezarán co pregón de Marcos Calveiro.

Os festexos contarán coas actuación de Blas Cantó, Víctor Manuel, Xoel López e Cristian Silva, ademais o cómico Leo Bassi estreará a súa última obra na vila. Festaclown, orquestras, pasacalles, festivais, festa da auga, noite meiga, combate naval e moitas actividades máis completan unha programación, segundo a concelleira de cultura, para toda a familia.

O alcalde tamén quixo destacar o carácter social e solidario destes festexos.

O concello de Vilagarcía tamén quere mostra o seu rexeitamento á violencia machista e por iso instalarán un punto lila e reforzarán  a seguridade.