PORTO DO SON> Os nenos e nenas que asisten este verán ao Campamento municipal de Porto do Son viviron en primeira persoa como se traballa nun servizo de Vixianza Aduaneira. O obxectivo desta actividade, englobada nesta edición do campamento sonense “Movida Urbana, é que os pequenos se familiaricen coas forzas de seguridade e que as vexan como algo próximo a eles. As actividades para estes rapaces de entre 6 e 14 anos, continuarán no campamento “Movida Urbana” de Porto do Son ata o vindeiro 18 de agosto.
Inicio Barbanza - Muros - Noia