BOIRO> Continúa a vaga de roubos nos locais hostaleiros. Desta volta tocoulle a quenda ó Bar Os Fornos, situado no lugar de Exipto.
{flowplayer}barbanza/roubobarosfornos.flv{/flowplayer}
Os feitos aconteceron na madrugada do domingo cando os ladróns accederon ó interior do local hostaleiro causando graves desperfectos.
Unha vez dentro levaron consigo a recadación da máquina comecartos así como os cartos da caixa e de varios décimos de lotaría. En total, xunto coa reparación dos danos, as perdas poden ascender ós cinco mil euros.
Os propietarios do local recibiron o aviso do panadeiro que a primeira hora da mañá do domingo veu a reixa forzada e os cristais rotos. Sen embargo, a alarma da que está dotada o local non saltou polo que sospeitan que os ladróns puideran levar consigo un sistema de inhibición.
Tras denunciar os feitos, a Garda Civil iniciou unha investigación para dar cos autores do roubo.
Redacción Barbanza