![]()
CAMBADOS> Así complétase a terapia da encargada da canceira no asilo, que estimula ós residentes cos cans.
{flowplayer}images/salnes/CANCEIRA_CAMBADOS1.flv{/flowplayer}
Con esta visita, asilo e protectora buscan iniciar un proxecto que inclúa terapias para os anciáns na propia canceira. Estas virían completar as que dende hai dous anos realiza Olga Costa na residencia de Ribadumia.
O que se pretende é, mediante xogos e a interacción cos cans, estimular a área cognitiva dos residentes e mellorar a súa mobilidade. Segundo o persoal do asilo e a encargada da canceira, os anciáns responden moi positivamente a esta terapia.
O feito de que a terapia se realice con cans abandonados que son reeducados no refuxio, é o máis novidoso deste proxecto. Nos plans de Olga Costa, entra ampliar o traballo á agrupación Bata, que trata a nenos con autismo. Con eles xa fixeron dúas sesións nos meses de xuño e xullo, repetindo o éxito de aceptación que consiguen no asilo.
Para poder contar con máis recursos mellor material, instalación e seguir adiante coa terapia, a canceira presentou o seu proxecto á fundación Affinity. Polo de pronto, esperan contar coa súa colaboración.
Redacción Salnés








