O Tribunal Supremo anula a resolución da Xunta Electoral contra Manuel Ruíz

RIBEIRA> O Tribunal Supremo anula a resolución da Xunta Electoral contra o alcalde de Ribeira pola presentación da Feira da Educación durante a campaña electoral de 2015. Daquela o BNG denunciara este acto por terse realizado no novo mercado, aínda sen inaugurar. A raíz dunha denuncia formulada polo BNG, a Xunta Electoral Central impuxo no ano 2015 unha multa de seiscentos euros, posteriormente rebaixada a trescentos, ó alcalde de Ribeira pola inauguración da feira da educación en plena campaña electoral. Os nacionalistas puxeron os feitos en coñecemento deste órgano por entender que se trataba dun acto de exposición de logros así como da inauguración encuberta do mercado municipal que, daquela aínda non abrira as súas portas. Esta resolución vén de ser agora anulada polo Tribunal Supremo. A sala do contencioso administrativo resolveu a favor do recurso presentado a principios de 2016 por Manuel Ruíz a título persoal. O mandatario entendía que se trataba dunha inxustiza posto que non actuou con fins electoralistas. A sentenza obriga ademais á imposición de costas á parte demandada polo que a Xunta Electoral Central deberá asumir os custos do proceso.