Bandeira e título para un Amegrove inconmensurable

VILAGARCÍA> Onte rematou a Liga Galega de Traíñas e fíxoo sen sorpresas. Amegrove non só non tivo problemas para defender a súa renta senón que foi quen de levarse a derradeira bandeira en xogo, a do Concello de Vilagarcía. Os de Porto Meloxo completan un ano inmellorable.

{flowplayer}images/salnes/trainas_300810.flv{/flowplayer} 

Fin de festa na Liga Galega de Traíñas. Púxose ó peche á temporada no porto de Vilaxoán, que se vestíu de gala para a ocasión ante o numeroso público que se congregou alí para ver a regata.

Non houbo sorpresas porque Amegrove non quixo que as houbera. Dez puntos de vantaxe eran demasiados sobre Meira, o título non perigaba salvo desgracia.

Os de Porto Meloxo venceron ademais ó grande, gañando con autoridade na última regata para así festexalo cos seus afeccionados. Xa dende o primeiro longo víuse que ían a pola victoria e abriron oco co resto, unhas distancias que foron medrando continuamente. Ninguén puido facerlles sombra porque todos miraban cara a ‘Pabliño’, a auténtica protagonista do ano.

Por detrás, Chapela chegou segunda e Meira só puido ser quinta. Entre medias colouse Mecos, foron terceiros nunha das súas mellores regatas de todo o ano. Os de Rons finalizan a liga sextos. Cuarta foi Cabo da Cruz que non puido finalmente presionar a Meira polo segundo posto da xeral. Os moañeses serán os que acompañen a Amegrove nese playoff á ACT.

Ademais, a traíña local, a Revenida de Vilaxoán, foi oitava e puido manter o séptimo posto da xeral ante a presión de Perillo.

Á entrega de trofeos acudiron numerosas autoridades. Destacou a presencia do Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Xosé Ramón Lete.

Redacción Salnés