Céltiga e Cambados perdoáronlle a vida ós seus rivais

cambados250_050410.jpgCAMBADOS> Pese a merecer a victoria, ambos quedáronse sen sumar os tres puntos. O Céltiga arrancou un empate en Ponteareas mentres que o Pontellas levouse o triunfo de Burgáns.

{flowplayer}images/salnes/cambados_050410.flv{/flowplayer} 

Partido de dúas caras en Burgáns. A boa, para os intereses do Cambados, a da primeira metade. Os amarelos foron superiores ó seu rival, despregando un xogo colectivo moi vistoso. Grazas ás combinacións entre os homes de ataque, as primeiras ocasións non tardaron en chegar. Tivéronas Mon, Javi Sánchez e Eulogio.  O Pontellas adicouse a defender durante a primeira media hora pero tamén tivo as súas opcións. A mellor nas botas de Rubén, pero o seu centro chut petou no longueiro.

Na segunda parte cambiou a decoración por completo. O baixón físico dos de Carregal fixo que o Pontellas puidese despregar con maior efectividade o seu xogo. As contras foron sempre perigosísimas e máis dunha puido rematar en gol. Foi nun despiste da defensa local, no minuto 71 cando chegaría o único tanto. Os cambadeses deixaron ó rival sacar un corner con velocidade. Iso sí, o testarazo de Ferreiro foi inapelable. I

ntentouno o Cambados de ahí ó remate pero non puido nin sequera empatar. Con todo a imaxe dada polo equipo foi moi boa, tendo en conta as numerosas baixas coas que acudían á cita. Son decimocuartos con 39 puntos, a dez do descenso directo.

O CÉLTIGA EMPATA SEN GOLES FRONTE Ó CULTURAL AREAS

Tamén xogou o Céltiga en Ponteareas, onde non puido pasar do empate sen goles fronte o Cultural. Os da Illa fixeron de novo un gran partido e mereceron a victoria polas numerosas ocasións das que dispuxeron, pero outra vez a falta de puntería privoulles do triunfo. Un punto que lles serve para saír momentaneamente dos postos de descenso directo e meter no pozo ó Lalín. Aínda así os de Deza suman os mesmos puntos que o Céltiga, polo que a loita será pechada ata final de liga.

Esta fin de semana non xogou o Vilalonga, que adiantou o seu partido fronte ó Somozas ó 18 de marzo, cando perdeu por 1-0.

Redacción Salnés