O Trail da Cidá deste domingo abrirá o circuíto Revolutrion Trail Series 2023

RIBEIRA> Despois de dous anos sen disputarse a consecuencia da pandemia, regresa o circuíto Revolutrion Trail Series organizado pola asociación Arousa Natureza e Ocio.

A proba deportiva intentará recuperar o protagonismo de antano e volver a converterse nunha das probas referentes desta modalidade deportiva en Galicia.

A primeria das citas do circuito será xa este próximo domingo coa celebración do Trail da Cidá.

Ó Trail da Cidá, seguiralle o o Trail de Outes, o 5 de marzo, e o XToSín Trail, o 21 de maio.

Unha das principais novidades do circuíto nesta nova edición é que cada unha das probas terá dúas distancias alternativas: unha modalidade curta de 13-14 quilómetros e unha longa de 21 para aquelas persoas máis preparadas.

Para máis información e inscricións os interesados poden consultar as webs: trailseries.run ou arousa.com.