Catro comercios melloran o seu aspecto co plan ‘Á túa medida’

    plan_medida_copia100.jpgCAMBADOS> Nesta segunda edición, un experto en Visual Merchandising visitou as tendas para estudar as súas principais necesidades.

    {flowplayer}images/salnes/PLAN_A_TUA_MEDIDA.flv{/flowplayer} 

    Como iluminar o comercio, aproveitar os espazos ou mellorar o escaparate, son algunhas da nocións ás que atende o Visual Merchandising, técnica na que se basea o plan “A túa medida”. Dende hoxe, catro pequenos comercios de Cambados coñecen as claves para mellorar estes aspectos.

    Zapatería Lara, Librería Contos, Tejidos Rosita e Cousiñas, son as catro tendas que participan no plan. A nivel provincial, son 35 os comercios que se beneficiarán do programa, que conta cun orzamento de 90 mil euros. Segundo o experto, as técnicas do Visual Merchandising conseguen un aumento das vendas. Por iso, os comerciantes amósanse receptivos.

    A primeira fase do proxecto celebrouse hoxe, coa visita do especialista ós comercios para estudar as súas necesidades e entrevistarse cos responsables. Para os comerciantes de Cambados, este proxecto é unha oportunidade para mellorar o pequeno comercio.

    Dentro de dúas semanas, os comercios volverán recibir a visita do experto, para entregarlles a súa proposta creativa e as recomendacións para mellorar o seu aspecto ante o público.

    Redacción Salnés