Antón Louro inaugurou o curso da UIMP ‘A universidade que nos agarda’

    CURSO_UIMP copy.jpg VILAGARCÍA> No seminario participan os cincuenta e catro mellores expedientes do bacharelatos de Galicia. Estarán en Bamio ata o próximo sábado.

    {flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_CURSO_UIMP.flv{/flowplayer}
     
    O seminario, que organiza a Universidade Menéndez Pelayo, pretende ofrecer a estes estudantes unha visión global das tres universidades galegas. O Conselleiro de Educación asistiu á presentación do curso na que manifestou que esta actividade responde á aposta da Xunta pola formación. Confesou que seguirán a traballar para aumentar o número de praza coa finalidade de dar cabida a máis estudantes.
     
    Xesús Vázquez engadiu que o seminario, que se está a desenrolar no Instituto Social da Mariña de Bamio, é o resultado do traballo conxunto entre administracións e a UIMP. O Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, reiterou o compromiso do estado pola educación e a formación coma motores do desenvolvemento.
     
    O seminario no que participan cincuenta e catro estudantes galegos prolongarase ata o vindeiro catro de setembro.
     
    Redacción Salnés