Mar mellora o seu equipo ante puntuais episodios de contaminación mariña

    VILAGARCÍA> A conselleira do Mar estivo en Vilagarcía. Alí participou na xornada formativa para o emprego dos traxes de protección nuclear, biolóxica e química para episodios de contaminación mariña. O tráfico marítimo ou as actividades costeiras traen consigo unha serie de riscos. Conscientes desta situación dende a Consellería do Mar adquiriron tres equipos conformados por dous traxes especiais cada un e dúas duchas de descontaminación, tal e como sinalou a conselleira do Mar. Estes equipamentos que foron expostos aos medios, en Vilagarcía, nunha xornada formativa sobre como se deben utilizar debidamente os novos materiais. Rosa Quintana sinalou que Galicia é a primeira comunidade que adquire este tipo de equipamentos. Os traxes especiais serán utilizados polos Gardacostas en situacións extremas. Estas equipacións teñen un custe de 80.000 euros, e garanten a protección das persoas que os utilizan de cara a contaminación nuclear, biolóxica ou química, no ámbito mariño.