As familias da Escola Infantil de Vilaxoán, molestas co cambio de educadoras a medio curso

VILAGARCÍA> En Vilaxoán, os pais e nais da Escola Infantil están moi molestos cos cambios de persoal acometidos pola Consellería de Política Social. Dúas educadoras do centro, que foran trasladadas dende A Galiña Azul de Carril a comezos de ano, teñen que volver agora a ese destino.  As familias da gardería vilaxoanesa piden que o traslado se aprace ata o novo curso. Cren que este tipo de cambios provocan danos emocionais nos pequenos, de 1 e 2 anos.

Comezaron en Carril, foron trasladadas a Vilaxoán e agora tiveron que volver para Carril. Este é o periplo que a Consellería de Política Social impuxo a dúas educadoras da rede da Galiña Azul.

Os pais e nais do alumnado da escola infantil de Vilaxoán están indignados con esta decisión. Din que no seu día xa non tivo sentido sacalas de Carril, polo prexuízo causado ós nenos. Agora cren que, polo menos, a Xunta debera permitir que rematasen este curso en Vilaxoán.

Porque este traslado de novo a Carril está a provocar danos emocionais nos pequenos de Vilaxoán. Os pais e nais explican que ó ter entre 1 e 2 anos o proceso de adaptación dos seus fillos é tan difícil como duro.

O colectivo no que se integran os pais amosan o seu malestar por non recibir información destes cambios por parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Reclaman unha reunión, polo menos, para poder planificar o curso que vén.

As dúas educadoras trasladadas a Carril téñense fixéronse cargo dunha nova unidade posta en marcha nesta Galiña Azul.

O asunto mesmo acaba de entrar no Parlamento Galego. O BNG presentou unha pregunta na Cámara pedindo información sobre o que consideran un “cambio inxustificado”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí