A Deputación propón un acceso directo dende á autovía ao polígono Barro -Meis

    poligono_300.jpgBARRO> A Deputación de Pontevedra presentou hoxe un proxecto alternativo ao redactado pola Xunta de Galicia para acceder ao polígono…

    … industrial de Barro- Meis. Esta alternativa pretende desviar o tráfico pesado dos núcleos de poboación e conducilo directamente á autovía A9.

    O Xefe de Servizos e Obras da Deputación de Pontevedra, Agustín Hernández, explicou o proxecto alternativo ao que propón a Xunta de Galicia para acceder ao polígono industrial de Barro e Meis dende a estrada PO531. 

     A Deputación de Pontevedra propón crear unha conexión directa dende o polígono industrial á autovía A9. Este acceso aproveita un tramo da estrada PO531, que queda en desuso segundo si se leva a cabo a ampliación que propón o goberno da Xunta. Deste xeito desvíase o tráfico pesado procedente do solo industrial lonxe dos núcleos urbanos e dáselle un uso útil á estrada que bordea a igrexa de Curro. 

     O alcalde de Barro acompañou ao Presidente da Deputación na defensa deste proxecto que considera beneficioso para o municipio e para os veciños. O que non considera tan beneficioso, o edil, é o proxecto que pretende levar a cabo a Xunta na estrada PO531 que el considera, unha perda de cartos.

    O presidente da Deputación lamenta que os veciños afectados pola ampliación da estrada PO531 teñan a intención de manifestarse diante da primeira institución provincial en contra dun proxecto que é competencia da Xunta.

    Rafael Louzán mostrouse partidario de acadar un acordo coa Xunta para dar cun proxecto beneficioso para os veciños.

    Redacción Salnés