MEAÑO> No acto estiveron presentes os atletas Pedro Nimo, José Antonio Ramallo e Rafa Fuentes. A gran novidade deste ano é que a organización do evento pasou a mans do concello que substitúe nesa empresa á asociación GAM. Agardan un novo record de participación.
{flowplayer}images/salnes/carreira_020910.flv{/flowplayer}
Debido á case desaparición da Asociación GAM, este ano o concello tivo que implicarse en maior medida para que o seu gran evento deportivo do ano non morrese. E pese as dificultades, a proba continúa a medrar. Esta será a 26ª edición da Carreira Popular de Meaño, que se celebrará o domingo 12 de setembro ás 11:00.
O acto de presentación da carreira celebrouse no Hotel Quinta de San Amaro. Nel amosáronse os trofeos que se outorgan ós gañadores, deseñados por Mar Barral, e os premios que se levarán os tres primeiros. O vencedor, 300 euros mailo seu peso en botellas de viño da Adega Rosalía de Castro. O subcampión 200 euros máis unha fin de semana na Quinta de San Amaro, mentres que para o terceiro quedarán reservados 100 euros e unhas zapatillas Mizuno, premio patrocinado pola marca Strands. Sobre os premios bromeaba un dos mellores atletas galegos na actualidade, o santiagués Pedro Nimo.
No estrictamente deportivo, o percorrido será o mesmo de sempre, unha volta de 6.330 metros ó redor do municipio, coas partes máis duras ó principio e ó final do mesmo.
A inscripción xa está aberta para todo aquel que queira anotarse, de nenos a maiores. O prazo péchase o 9 de setembro.
Redacción Salnés