
Neste primeiro día, os condutores que circulaban polo casco urbano noiés, estiveron máis atentos, debido ós cambios circulatorios introducidos pola concellería de Tráfico e Seguridade Cidadá.
{flowplayer}barbanza/cambiotraficonoia.flv{/flowplayer}
Varios axentes da Policía Local vixilaban as zonas máis conflitivas e nas que habitualmente se producían atascos, para informar ós condutores das modificacións realizadas e conseguir así unha maior fluidez na circulación nas horas principais, ofrecendo ademais ó viandante unha maior seguridade a hora de poder cruzar as distintas vías.
Con estas medidas o executivo noiés ten como prioridade dar seguridade ós peóns e axilizar o tráfico rodado. Segundo explicou a concelleira de Tráfico e Seguridade Cidadá os cambios baséanse nos estudios realizados pola policia local que revelaron que o sistema adoptado é o máis efectivo.
Un dos cambios máis significativos dos levados a cabo polo equipo de goberno foi o de manter dobre a circulación nos dous Malecóns, tanto o de Gasset coma o de Cadarso.
Redacción Barbanza