Beatriz Mato inaugura o centro de día de alzheimer

    inauguracioncentroalzheimer.jpgRIBEIRA> O centro atópase emprazado na Avenida do Malecón, nun edificio cedido por Caixa Galicia á Xunta e no que esta investiu uns 155 mil euros na súa reforma.

    {flowplayer}barbanza/inauguracioncentroalzheimer.flv{/flowplayer}

    Despois de varios anos agardando, debido a que o inmoble, situado na Avenida do Malecón, nun edificio cedido por Caixa Galicia á Xunta carecía de ascensor, o pasado mes de xullo poñíase en funcionamento o centro de día para persoas con enfermidades tipo alzheimer de Ribeira. Despois de varios meses aberto, esta mañá procedíase á súa inauguración oficial. Un acto que estivo presidido pola conselleria de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. Durante a súa intervención destacou que este é precisamente un dos compromisos do seu Departamento, contribuír á promoción e protección da saúde dos nosos maiores e mellorar a calidade de vida das súas familias.

    Numerosas actividades

    No acto a titular de Benestar estivo acompañada por diversas autoridades, entre elas, os alcaldes de Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Lousame, así como tamén representantes doutros concellos da zona. Non faltaron tampouco membros de asociacións e entidades sociais, tanto de Ribeira como do Barbanza, ou o Director Xeral de Caixa Galicia, Xosé Luís Méndez.

    Trinta prazas

    O centro dispón dun total de trinta prazas, das cales dez xa están ocupadas dende o pasado mes de xullo, data da súa entrada en funcionamento.

    Redacción Barbanza