A POBRA> A Pobra conta cunha nova web municipal moito máis moderna, accesible e intuitiva. Mediante este novo deseño, o concello agarda proporcionar información actualizada do municipio ó tempo que se converte nunha ferramenta útil para realizar trámites e acceder a distintos servizos.
Con maior peso da imaxe, máis navegable e intuitiva nace a nova versión da web do concello da Pobra.
Esta tarde presentábase na casa da mocidade o novo deseño que pasa do formato de revista a un deseño máis amplo e dinámico en constante actualización.
Ademais da súa modernización, destaca a mellora do posicionamento do concello na rede optimizando as buscas a través dos distintos buscadores web.