RIBEIRA> Trescentos veciños e industrias da parroquia ribeirense de Aguiño contarán con gas natural a través dun conduto de case 3 quilómetros que parte da rede de distribución de Ribeira. O anuncio fíxoo o Director de Enerxía da Xunta de Galicia durante unha visita á empresa Conresa desta localidade. Gas Natural Galicia vén de comezar a suministrar este servizo ao lugar de Couso, en Aguiño, mediante a unión á rede de Ribeira. Unha obra que dotará de gas natural a 300 veciños de Aguiño, ademais de converter á empresa de fariña de pescado, Conresa, ubicada no Couso, na primeira industria de Aguiño en contar con este suministro. Bernardo Tahoces suliñou tamén a importancia de optar por este tipo de enerxía, tamén, para o medio ambiente. Tal e como destacaron desde Gas Natural adiántase así á directiva europea sobre eficiencia enerxética. No percorrido pola planta, o director xeral tivo como guía ao xerente de Conresa, Juan Carlos Cobas, e ao de Jealsa Rianxeira, Jesús Alonso, grupo ao que pertence a compañía do Couso. Por parte da empresa Conresa, filial de Jealsa Rianxeira, a inversión é de 4 millóns de euros, mentres que por parte de Gas Natural Galicia foi de 400.000 euros. Con esta ampliación do servizo, son xa 73 osa municipios galegos que contan con gas natural, repartido en 263.000 puntos de suministro.
Inicio Barbanza - Muros - Noia