Vinte voluntarios de toda Europa acondicionan varias rutas paisaxísticas en Outes

    OUTES> A directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou o campo de traballo internacional ‘Horta do Muíño’ en Outes. Na actividade participan voluntarios chegados dende diferentes países. Acompañada do alcalde, Carlos López Crespo, a directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou o campo de traballo ‘Horta do Muíño’. Uns 20 participantes chegados de distintas nacionalidades, traballan desde este domingo no acondicionamento e sinalización da ruta que transcorre polo litoral Albán-Tremnuzo. Un percorrido duns 14 quilómetros de duración que atravesa a praia de Broña e remata no cumio do monte Tremuzo. Outro dos puntos nos que están traballando é o acondicionamento do muíño para recuperar o seu sistema de canalización. Ademais do traballo específico do campo, polas tardes o persoal voluntario practica outras actividades coma kayak, snorkel, tiro con arco ou xogos tradicionais.