O Pavillón de Deportes de Vilanova conta con novas instalacións

    PAVILLON_VILANOVA copy.jpgVILANOVA> A obra supuxo a instalación de novas gradas, o acondicionamento dos vestiarios e a modificación da instalación eléctrica.

    {flowplayer}images/salnes/REMODELACION_PAVILLON_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Despois de vinte anos o Pavillón Municipal de Deportes de Vilanova goza de novas instalacións. A maior inversión fíxose no interior da construcción que supuxo un gasto de sesenta e oito mil euros. No tocante á instalación eléctrica a obra implicou o cambio do alumeado exterior e da instalación eléctrica interior.

    Ademais, fíxose unha pequena reforma na pista do Pavillón de Baión cunha inversión de quince mil euros. Con isto, Vilanova conta con cinco pavillóns de deportes. Segundo o alcalde da localidade, un por cada dous mil habitantes.

    Segundo confesou Durán, agora quedan pendentes as obras nas gradas do pavillón do Terrón e no Campo de Corón.

    Redacción Salnés