Porto do Son busca novas vías de abastecemento ante a seca do Río Sieira

riosieira.jpgPORTO DO SON> Os veciños da parroquia de Xuño denuncian a seca do caudal do río Sieira durante a tempada de verán.

{flowplayer}barbanza/secariosieira.flv{/flowplayer}

As chuvias desta xornada aliviaron de xeito temporal a escaseza de auga no Río Sieira. Nos últimos días o leito ó seu paso pola Ponte Vella estaba tan seco que era posible cruzalo a pé cando hai uns anos era imposible.

Inicio de expediente

Esta situación vén dada polo exceso de captación de auga que realiza o concello de Ribeira. Así o establece un informe elaborado polo concello de Porto do Son que xa iniciou o expediente para instar á Consellería de Medio Ambiente a tomar medidas para garantir o caudal do río e a supervivencia ecolóxica das súas especies.

Servizo de balde

O acordo para a captación de auga do Río Sieira basease nunha acta asinada no ano 68 pola que o concello de Porto do Son cede o servizo de auga a Ribeira de xeito gratuito, co único requisito de manter un caudal de sete litros por segundo. Agora, o executivo sonense considera que non será doado que Ribeira acepte este acordo posto que conta co servizo de balde mentres que pola traída do Ulla ten que pagar un canon.

Os veciños afectados entenden que é necesario e urxente tomar medidas para evitar a seca do río e as súas nefastas consecuencias no ecosistema.

Ademais do conservación do río Sieira, dende o concello están a deseñar outros medidas alternativas para o abastecemento. Xa presentaron ante a Xunta un proxecto para executar a traída na zona sur, que se sumará as actuacións contempladas no PCC da Deputación.

Ademais proporán ó resto dos concellos da comarca a xestión mancomunada da auga procedente do río Tambre para optimizar o uso dun recurso tan necesario como escaso.

Redacción Barbanza