A Deputación de Pontevedra e Galaxia impulsan a primeira Escola de Letras de Galicia

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra e a editorial Galaxia impulsan a primeira Escola de Letras de Galicia. Trátase dun instrumento para o fomento da creación literaria no que un grupo de escritores de “primeira liña” impartirán obradoiros formativos. O proxecto pretende arrancar a mediados do mes de xuño, se o proceso de desescalada o permite. Tanto o ente provincial como a editorial coinciden en que se trata dunha iniciativa que nace co obxectivo de consolidarse no tempo.

‘Todos temos algo que contar’. Baixo este lema nace a que será a primeira Escola de Letras de Galicia. O proxecto está impulsado pola Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia. Preséntase como un instrumento útil para o fomento da creación literaria.

A iniciativa contampla unha serie de obradoiros, dixiridos por escritores galegos de primeiro nivel. Nas sesión, abordaranse todo tipo de xéneros literarios, como novelas, poesía, escritura creativa ou literatura para maiores.

O proxecto conta con actividades paralelas, como recitais. Tamén contempla a publicación dun libro a finais de ano.

A Escola de Letras terá a súa sede física nas instalacións da Deputación tanto na cidade de Pontevedra como na de Vigo. Se a desescalada o permite, arrancará a mediados deste mes de xuño. Segundo indicaron esta mañá, o proxecto nace coa vocación de consolidarse no tempo.

Mañá mesmo a Editorial Galaxia abrirá o prazo de inscrición nesta Escola. Poderán participar persoas maiores de 16 anos, sen necesidade de coñecementos previos na materia. Só que demostren o seu amor polas letras.