LOUSAME> O Concello volve a optar pola opción do desfile e non do concurso para que tódolos participantes teñan posibilidade de levarse algún premio.
O pavillón polideportivo da Silva será escenario este próximo sábado, a partir das cinco da tarde, do festival de entroido en Lousame. O programa deste ano é moi semellante ó do ano anterior, optándose novamente pola opción do desfile en lugar do tradicional concurso de disfraces para que tódolos participantes teñan opción a premio. Instalaranse tamén inchables e haberá obradoiros, xogos e animación musical. Todos os que se acheguen ese día polo polideportivo municipal poderán participar tamén na degustación gratuíta de orellas e filloas, elaboradas por voluntarios do municipio, a quen dende o Concello mostraron o seu agradecemento.