A POBRA> A entrada de Veciños Independentes da Pobra abre un novo escenario político no municipio con moitas incógnitas á hora de formar goberno. Con tan só un concelleiro, os independentes teñen a chave do futuro executivo.
A baixada de apoios de Nós Pobra, con 805 votos menos e a baixada de dous concelleiros, deixa ó grupo que actualmente lidera o goberno con pouco marxe de manobra.
Para manterse na alcaldía precisa do apoio de BNG e PSOE, os seus socios no actual executivo, pero tamén de VIP que irrompeu no panorama político como peza decisiva.
De non chegar a acordo, VIP podería aliarse co PP para conformar un bipartito ou mesmo manterse na oposición facilitando que goberne a lista máis votada, os populares con Manuel Durán á cabeza.