PONTEVEDRA> O fará a través dun plan de investimentos que veñen de aprobar e co que pretende reactivar a economía e fomentar o emprego.
A Deputación de Pontevedra anunciou esta mañá a aprobación dun plan de dezaoito millóns de euros para financiar inversións nos concellos. Trátase dun plan de investimentos que pretende reactivar a economía e fomentar o emprego. Nesta última liña o obxectivo é dar traballo a máis de mil persoas.
Os concellos poderán destinar o trinta por cento da axuda ó pago de débedas, mentres que se potenciará tamén a boa xestión das administracións locais a base dun plan de incentivos.
O reparto deses dezaoito millóns de euros realizarase ó cincuenta por cento por poboación e territorio, e darase prioridade a aqueles concellos que se adhiran a plans de xestión municipais da Deputación, como a recollida de lixo ou os bombeiros.
Será aprobado definitivamente no próximo pleno da Corporación Provincial.
Redacción Salnés