![]()
RIANXO> Portos de Galicia e o concello de Rianxo asinaron un convenio de colaboración para mellorar a rede de saneamento municipal.
{flowplayer}barbanza/mellorarederianxo.flv{/flowplayer}
O concello de Rianxo acometerá obras na rede de saneamento existente e na de pluviais co obxectivo de dotar de saneamento a unha zona do núcleo do Burés e mellorar a rede na zona da estrada de Tanxil.
Ademáis, pretende instalar en varios bombeos da rede de saneamento municipal uns avisadores telefónicos automaticos de avaría para evitar o soborde da rede por fallo do sistema.
Destas obras, un pequeño tramo afectarían ó dominio portuario. Por tal motivo, Portos de Galicia colaborará, mediante a sinatura dun convenio, co concello de Rianxo, na execución desta actuación.
O acordo asinado recolle que será o concello rianxeiro o encargado de asumir o custo de conservación, mantemento, limpeza e no seu caso, o mantemento da rede de saneamento que se levará acabo no porto.
A colaboración, por parte de Portos de Galicia, consiste en facilitar a execución das devanditas obras nunha zona do porto de Rianxo dentro dos terreos de dominio público portuario.
Redacción Barbanza









