Ribeira volverá camiñar en favor das familias con nenos prematuros

RIBEIRA> Ribeira acollerá este domingo 1 de outubro a cuarta andaina solidaria en beneficio de Asociación Galega de Familias de Nenos Prematuros. A proba está organizada pola asociación de Amas de Casa en colaboración co concello de Ribeira.

Un ano máis, e xa van 4, Ribeira volverá facer gala da súa solidariedade coa andaina en favor de AGAPREM. Celebrarase este domingo día 1 de outubro con saída ás dez e media dende a praza do concello.

O percorrido, de algo máis de 5 quilómetros, destaca este ano pola súa maior accesibilidade facéndoa apta para todo tipo de público.

Os interesados en participar poden formalizar inscrición no teléfono 653 333 124, a través do enderezo electrónico amasdecasariveira@gmail.com ou o mesmo día antes da saída. Non hai unha cota fixa polo que os participantes poden realizar os seus donativos ou colaborar a través da compra de camisetas cun prezo de 5 euros. Ademais de numerosas empresas locais que brindaron a súa colaboración, esta iniciativa conta co patrocinio de Congalsa e Seforgasa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí